CRTVG

Buscar

Plan para mellorar as oportunidades dos mozos galegos

Publicado o 13/06/2019 19:03

O presidente da Xunta tamén anunciou que van poñer en marcha un plan para a xuventude en que se van implicar todas as consellerías. Son 125 medidas para mellorar, segundo defende Feijóo, as oportunidades dos mozos.

Entre as iniciativas están axudas para obter o carné de conducir, unha oficina de emancipación xuvenil virtual para asesorar sobre vivenda ou emprego ou incentivos para incorporarse á economía rural.

Nos próximos tres anos van dedicar 410 millóns de euros a este plan.

Noticias web

13/06/2019