Plan do Ministerio Sanidade para a Semana Santa: comunidades pechadas, toque de recollida e reunións limitadas
Sanidade non quere viaxes na Semana Santa. Propón pechar as comunidades 14 días, entre o venres 26 de marzo e o 9 de abril. Con recomendacións específicas para os universitarios que estudan fóra: que non volvan á casa eses días.
O documento de Sanidade tamén propón manter o toque de recollida obrigatorio entre as dez e as seis da mañá. E limitar os contactos sociais a catro ou seis persoas como máximo. Con recomendación de non reunirse nos domicilios. E prohibición de eventos masivos.
Os expertos aplauden calquera medida que axude a evitar a cuarta onda. O Ministerio tamén é consciente do cansazo da xente. E pide ás comunidades que fagan campañas para animar a cumprir as normas.
Tamén os sanitarios piden un último esforzo coas restriccións en Semana Santa. A intención do Ministerio é que a súa proposta reciba o aprobado das comunidades o próximo mércores.