CRTVG

Buscar

Pita, solucións dende a experiencia para reflotar o Lugo

Publicado o 08/02/2020 14:55

10 temporadas no Lugo, 343 partidos disputados nos que marcou 25 goles e 2080 minutos xogados nesta campaña converten a Carlos Pita na voz principal para analizar a crise deportiva do equipo.

Carlos Pita, C.D. Lugo: "Non estamos competindo como esixe a categoría, non estamos sabendo controlar os partidos como nos gustaría, temos moitos problemas en transicións e nos penalizan moito e perdas en saída desde atrás que nos están a facer moito dano".

A grandes males, grandes remedios. O capitán achega as solucións para saír da delicada situación na que se atopan.

Carlos Pita, C.D. Lugo: "Temos que aumentar o noso nivel competitivo, ser máis constantes no xogo, non permitir esas transicións que nos fan tanto dano ou tratar de minimizalas, ter máis acerto cara a portería contraria cando xeramos ocasións, ser máis competitivos nas segundas xogadas, nas disputas, facer faltas cando o rival nos rouba o balón para non permitir esas transicións,, son aspectos do xogo que temos que aprender a controlar e cada vez queda menos tempo para facelo".

Ante o Elxe, Pita cre que a unión de todos será a principal forza do Lugo.

Noticias web

08/02/2020