CRTVG

Buscar

Pita exerce de capitán pedindo a continuidade de Eloy

Publicado o 31/10/2019 19:18

Pita toma a palabra para exercer de capitán. Primeira mensaxe: confianza total en Eloy Jiménez: "O traballo que fixo o míster os últimos partidos do ano pasado foi complicadísimo e o resultado foi espectacular. Dende a pretemporada o traballo está a ser moi bo e o único que non estamos conseguindo son os resultados que nos gustaría", sinala o mediocentro.

Segunda idea: este ano toca sufrir: "Imos sufrir porque hai equipos que probablemente teñan máis potencial ca nós, pero tamén nos temos que ilusionar con iso, tentar de nos rebelar ante esta situación", anuncia o capitán.

A mellora pasa obrigatoriamente pola defensa. O Lugo recibiu 20 goles en 13 partidos. A clave sinala Pita é "ser un bloque defensivamente, defender todos xuntos en campo propio se fai falla e a partir de aí poderemos crecer".

Pois o seguinte equipo no Anxo Carro será o Raio Vallecano de Paco Jémez o equipo máis goleador da categoría. O centrocampista do Lugo ten claro como frear os madrileños: "Creo que eses equipos sen balón sofren, nós tentaremos ser un equipo organizado para que eles non poidan transitar cando recuperen e despois tentar presionar para evitar a súa saída de balón e que nos collan con vantaxe atrás".

E o capitán confía no seu equipo: "Imos saír desta situación, imos ir cara arriba e o que precisamos é conseguir resultados".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019