Vigo avanza como será o seu Nadal: pistas e ramplas de xeo, nora xigante e trens turísticos
Publicado o 01/06/2021 13:42
O Concello de Vigo dá un paso máis na preparación do Nadal. Abel Caballero asegurou que conta con que a situación sanitaria sexa boa e poder recibir milleiros de visitantes.
Por iso despregará actividades e atraccións por toda a cidade. Pistas e ramplas de xeo, noria xigante, mercados de Nadal e trens turísticos son só algunhas das propostas.
Esta mesma semana publicarán as bases do concurso destas instalacións. Iso si, Caballero xa anunciou que haberá sorpresas.