CRTVG

Buscar

Pisando ovos estrea montaxe esta noite na Coruña

Publicado o 31/10/2018 19:23

As oito e media, a compañia Pisando Ovos presenta no Teatro Rosalía de Castro, a súa nova peza: 'Directo 9'...Danza contemporánea dirixida por Rut Balbís.

A música en directo, neste caso desde a música do Dj Jas Processor que xa estivo na peza anterior, Give it a spin, e quería dar un paso máis e é un pouco por traxectoria, de onde me atopo, de quedarme desde fora e ter ese ollar que nunca teño.


A experiencia que estou vivindo ten esa dualidade. De desde fora, ter como mui craro a dirección e a composición da peza pero, teño o sentimento de que me estou perdendo esos tempos que eu habitualmente son a que manexo, enriba do escenario bailando cos corpos e son unhas sensacións moi encontradas.

Nos espectáculos de Pisando ovos, normalmente me atopaba con corpos de mulleres e na última, estaba acompañada dun músico, dun Dj, un home e neste caso, foi de casualidade tamén,pero si que había, estaba un pouco rondando na miña mente, de traballar con corpos masculinos. E están en escena, dous bailaríns e unha bailarina xunto ao Dj. Entón pesa máis o lado masculino

A obsesión na que estou agora metida, de ver a transformación en deirecto, deses corpos que, facendo unha mesma acción, chegan a un estado físico moi diferente e a partir de aí , aparece unha peza, unhas atmósferas un pouco máis pechadas, onde vemos unha composición de diferentes momentos, de traballos individuales, máis danzados dos bailaríns

E Rut, que lugar ocupa o espectador en Directo 9?
É importante o papel do espectador, o papel, a mirada activa que me gustaría que collera o papel do público, do que veña a disfrutar do espectáculo. Encantaríame que este rebote, que todos sentimos cando imos a un concerto de masas, se puidera xenerar na sala de ensalle. Haberá algo sorpresivo, un momento que non te vou a desvelar agora, onde se cadra, o público se anime a sair brincando tamén cos bailaríns

Este espectáculo de danza chegará ao Teatro Rosalía da Coruña o 31 de outubro



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2018