José, un pintor desafiuzado e sen traballo pola pandemia
Publicado o 10/08/2020 14:39
José, un profesor de pintura, restaurador e artista ao que a crise derivada da pandemia deixou sen traballo e sen casa. É madrileño e ten 70 anos. Chegou á Coruña despois de facer o Camiño de Santiago. A día de hoxe dorme nun albergue.