CRTVG

Buscar

A Garda Civil busca os autores das pintadas na igrexa de Maside, en Ourense

Publicado o 15/04/2019 13:50

En todas as paredes apareceron frases e símbolos a favor da república e contra a Igrexa e os seus fieis

• O alcalde de Maside asegura que o autor das pintadas non é da localidade ourensá

Buscan os autores da agresión contra a igrexa de Maside, en Ourense. Os vándalos pintaron mensaxes ofensivas en todas as paredes.

Os fregueses que acudiron á igrexa no mesmo centro da localidade na mañá de onte encontráronse coas paredes cheas de pintadas a favor da república e contra a Igrexa. A Garda Civil investiga os feitos, unhas pintadas que cobren os catro lados do templo. Algunha das mensaxes chama "borregos" aos que acoden á igrexa e reproducen a frase de Marx "A relixión é o opio do pobo".

A igrexa de Maside é un ben catalogado por Patrimonio da Xunta e conta cun seguro que se pode facer cargo da limpeza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019