CRTVG

Buscar

Piña e Álvarez son os futbolistas con máis derbis disputados

Publicado o 05/01/2019 21:00

Catorce partidos oficiais disputaron o Deportivo e o Lugo ao longo da historia dos cales
os coruñeses gañaron sete por tres dos lucenses.

Desde o seu primeiro enfrontamento en decembro de 1974, dous xogadores participaron deste derbi máis ca ninguén. O deportivista Piña en dez encontros e o lugués Alvarez en oito,

Dase a curiosa circunstancia de que ambos tamén se enfrontaron o día de Reis do 77 nun encontro de Copa que rematou con empate a cero.

Piña. Ex xogador do R.C. Deportivo. "Eran épocas nas que o Deportivo estaba en 2ª e o  Lugo en 3ª. Logoapareceu a Segunda B ahí polo medio, pero bueno, eran partidos nos que o Lugo non aspiraba a xogar en Primeira, agora quizá sí, pero o Deportivo sí que saía tódolos anos con ese obxectivo".

Álvarez. Ex xogador do C.D. Lugo. "Sei que loitamos moito, comímoslle a moral, non daban metido gol, é máis as crónicas falaron de que o Lugo estivera moi ben plantado e que xogaramos moi ben".

Os dous estiveron nosúltimos adestramentos dos seus equipos e prognostican un choque igualado.

Álvarez. Ex xogador do C.D. Lugo. "Ao mellor o exceso de confianza deles de que son superiores e a ilusión nosa pode vir algo positivo para aquí".

Piña. Ex xogador do R.C. Deportivo. "Eu creo que o Lugo vai poñelo complicadísimo, ademáis para min ten grandes xogadores, ten un equipo estupendo e vamos pasalas canutas".

Cinco temporadas despois, o Deportivo mailo Lugo volven enfrontarse en Riazor.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/01/2019