CRTVG

Buscar

A firma de moda infantil Pili Carrera solicita o concurso de acredores

Publicado o 15/09/2018 14:43

Tras retirar un expediente de regulamento de emprego para 120 traballadoras da fábrica de Mos, agora a dirección da firma de moda infantil Pili Carrerra acaba de solicitar, no xulgado do Mercantil de Pontevedra, concurso de acredores. Nun comunicado, a empresa di que nos últimos meses no pudo facerlle fronte ás obrigas de pagamento, pero que teñen proxectos de viabilidade a curto prazo para asegurar os postos de traballo e a supervivencia da compañía. Afirman manterán os compromisos adquiridos cos clientes, coa rede de tendas de seu, socios de franquías e establecementos de España e estranxeiro. Pili Carrera, fundada en 1963, opera en máis dunha quincena de países.        

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2018