CRTVG

Buscar

Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía por 'O tempo fósil'

Publicado o 31/10/2019 21:27
Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía por 'O tempo fósil'

Pilar Pallarés faise con Premio Nacional de Poesía polo seu poemario O tempo fósil. De novo un premio Nacional ven a Galicia, nun ano realmente extraordinario en recoñecementos á literatura galega.

O xurado destacou o poemario por transmitir con profunda sabedoría e emoción a experiencia da perda e da destrución do vivido. Pilar Pallarés comezou a escribir os primeiros poemas do libro tras a destrución da súa casa familiar en Culleredo. A poeta, filóloga e profesora une así o seu nome a outros galardoados galegos este ano nos Premios Nacionais, concedidos polo Ministerio de Cultura e deportes: Xosé Manuel Núñez Seixas, en Ensaio, e Anxo Quintela, en Xornalismo cultural. Ademais, onte mesmo, a editorial Kalandraka conseguiu o premio do Ministerio ao mellor libro infantil e xuvenil editado en 2018.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019