CRTVG

Buscar

Pilar Otero:" Os ERTE deberían prolongarse ata o 30 de setembro para que empresarios e autónomos poidan tomar decisións"

Publicado o 23/06/2020 10:53

Pilar Otero, presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, fala nos Bos días sobre o problema da xestión dos ERTE. Os xestores administrativos palpan a diario a realiade cos autónomos e empresarios.

Pilar Otero salienta que os empresarios "deben coñecer as condicións dos ERTE para poder tomar decisións sobre o seu negocio, nestes momentos tan preocupantes".

O primeiro que teñen que coñecer os empresarios son as "limitacións de tempo, se rematan o 30 de xuño ou se amplían. Todos consideramos que ata o 30 de setembro deberían estar en vigor", explica Pilar Otero.

Os ERTE tamén terán consecuencias, para os traballadores, na declaración da renda do vindeiro ano, explica Pilar Otero, "porque os ingresos non só virán do pagador de sempre, e iso implica un desenvolso co que ao mellor non contaban".

En xeral, di a presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, que moitos dos traballadores afectados polos ERTE van ser parados e que vai ser un "outono complicado e entendemos que a Administración debe tomar medidas concretas".

 

Noticias web

23/06/2020