CRTVG

Buscar

Pilar Llop, unha xuíza feminista, perfílase como a nova presidenta do Senado

Publicado o 01/12/2019 23:32

O nome de Pilar Llop salta hoxe desde un segundo plano da política ao protagonismo ao máximo nivel lexislativo ao anunciarse que se someterá o martes á votación para presidir o Senado, que previsiblemente vai gañar. Comezou na política no PSOE da man de Ángel Gabilondo e actualmente é senadora por Madrid. O feminismo está na raíz da súa actividade pública.

Antes de entrar na política, Pilar LLop traballaba como xuíza no xulgado de violencia de xénero número 5 de Madrid. Substiuirá á fronte da Cámara Alta a Manuel Cruz, o catedrático universitario de Filosofía que se viu mergullado nunha polémica por supostos plaxios moi puntuais nalgúns dos seus libros.

A socialista Meritxell Batet está chamada a repetir como presidenta do Congreso. Na anterior lexislatura as dúas Cámaras estaban encabezadas por dous socialistas cataláns, un xesto significativo de Pedro Sánchez cara a esa comunidade. Nesta nova lexislatura, que se vai estrear o martes, poderían estar presididas por dúas mulleres cun evidente sesgo feminista: Meritxell Batet e Pilar LLop.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2019