CRTVG

Buscar

Pilar Fernández: "O importante é estar na axenda, que se fale e se acabe coas agresións contra as mulleres"

Publicado o 05/03/2019 11:11

Entrevista a Pilar Fernández, fiscala de violencia contra a muller en Santiago.

"Non se poden medir os avances contabilizando a mortes. O importante é que se visibilice o fenómeno".

"A perpectiva da análise de xénero é desmontar que as familias agochen feitos denunciables".

"O importante é estar na axenda, que se fale e se acabe coas agresións contra as mulleres".

Diferenzas entre a violencia doméstica e violencia de xénero

"Existen agresións contra as mulleres por estruturas de poder, por comportamentos que veñen de anos, e loitamos contra iso".

"Calquera debate que se fale sobre o tema, axuda. O que non axuda é negar a realidade do fenómeno".

"A Lei de violencia contra a muller que se elaborou no 2004 non discrimina ningún home".

"O feminismo é un movemento de pensamento, filosófico, que leva moitos anos loitando para poñer en valor a muller para evitar as agresións sexuais e garantir a súa liberdade".

"Os nenos son unhas vítimas importantes. Son protagonistas e hai que escoitalos".

"Se negamos o problema, o problema non existe, pero segue aí".

"Unha das reformas estruturales necesarias contra a violencia da muller sería que a Fiscalía liderase a investigación e que os xuíces fosen de garantías, porque iso permitiría unha maior imparcialidade".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019