CRTVG

Buscar

Pilar Cancela entra no núcleo duro da Executiva socialista

Publicado o 19/06/2017 08:48

O PSdeG gaña tamén peso no Comité Federal. A delegación galega estará representada por un total de trece persoas, dúas máis que na etapa anterior

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, entrou no núcleo duro da Executiva socialista de Pedro Sánchez. Encargarase da Secretaría de Políticas Migratorias e o PSOE do Exterior. O PSdeG gaña tamén peso no Comité Federal. A delegación galega estará representada por un total de trece persoas, dúas máis que na etapa anterior. Entran seis nomes novos: Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o vigués Gonzálo Caballero; a pontevedresa Maica Larriba; a ourensá Bibiana Iglesias e o concelleiro en Culleredo Diego Taibo. Os outros sete membros do Comité Federal serán renovados no congreso rexional, que prevén celebrar no mes de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017