CRTVG

Buscar

Pilar Cancela, nomeada secretaria de Estado de Cooperación Internacional

Publicado o 20/07/2021 20:31
Pilar Cancela, nomeada secretaria de Estado de Cooperación Internacional
EUROPA PRESS

A deputada do PSdeG no Congreso pola Coruña, Pilar Cancela, foi nomeada este martes polo Consello de Ministro como secretaria de Estado de Cooperación Internacional.   

A que fora presidenta da xestora do PSdeG despois da dimisión de José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral -durante cuxa etapa foi secretaria de Organización- substitúe no cargo a Ángeles Moreno Bau, que exercía desde o 4 de febreiro de 2020.   

Pilar Cancela (Stuttgart, 1967) é licenciada en Dereito e ten título superior de Prevención de Riscos Laborais. Exerceu como mediadora e foi directora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia (2002-2003 e 2005-2009). É funcionaria do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia desde 1993.   

Despois de coñecerse o seu nomeamento, o actual xefe de filas dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, publicou unha mensaxe no seu perfil da rede social Twitter no que a felicita polo seu novo cargo.

Noticias web

20/07/2021