CRTVG

Buscar

Máis de 3.000 sinaturas esíxenlle ao Estado que recorra a sentenza do pazo de Meirás

Publicado o 06/03/2021 15:55

Máis de 3.000 persoas asinaron o manifesto "Volver pagar polo roubado", que lle pide ao Estado que recorra contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña.

A sentenza ratifica que o pazo de Meirás é patrimonio público, pero tamén dita que a familia Franco ten dereito a unha indemnización polos gastos de conservación do inmoble.

Os impulsores deste escrito foron Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, autores do libro "Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio". Este sábado presentaron as sinaturas na Delegación do Goberno acompañados por representantes dalgunhas das máis de cen entidades que apoiaron o manifesto.

Noticias web

06/03/2021