CRTVG

Buscar

Pídenlle 22.000 euros de multa por levar o seu can pitbull sen bozo por Vigo

Publicado o 16/05/2018 14:28

A propietaria dun pitbull enfróntase a unha multa de 22.000 euros, por pasealo por Vigo sen bozo.

A muller recoñeceu que o animal levaba con ela 4 anos e que carecía de seguro, de microchip, e de licenza para razas perigosas. A Policía Local identificouna, e retiroulle o pitbull, que quedou a cargo da protectora de animais. Trátase da terceira multa que impón a administración local a donos de cans de raza perigosa esta semana. As sancións previstas por levar o animal sen bozo van de 300 a 2.400 euros, por carecer de seguro chegan aos 5.000 euros, e por non ter licenza para este tipo de animais acadan os 15.000 euros.   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018