CRTVG

Buscar

Piden tres anos para o dono dos cans que atacaron unha muller en Covelo

Publicado o 05/02/2019 20:30
Piden tres anos para o dono dos cans que atacaron unha muller en Covelo

A xuíz de primeira instancia de Ponteareas decretou a apertura de xuízo oral contra o dono dos dous cans que atacaron unha muller en Covelo en novembro do 2017. 

A Fiscalía pide tres anos de cárcere para o home, que está imputado por un delito de lesións por imprudencia grave. Ademais, piden que indemnice a vítima con case 700.000 euros polas lesións e as secuelas que padece así como polos gastos derivados do suceso.

A muller foi atacada por dous cans de raza potencialmente perigosa e estivo a piques de morrer. As lesións levaron a que lle amputaran as dúas pernas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019