CRTVG

Buscar

Piden tres anos de prisión para a muller que lle roubou máis de 21.000 euros á persoa que coidaba

Publicado o 11/06/2019 14:02

A fiscalía solicita tres anos de prisión para unha muller acusada de facerse con 21.200 euros da persoa que coidaba.

O xuízo celebrouse hoxe na Audiencia Provincial de Vigo. Supostamente, a muller aproveitouse de que o home ten as súas facultades diminuídas para estafalo. Utilizaba o método denominado burdo. A coidadora collía billetes de 500 e 100 euros do neceser onde a vítima gardaba os cartos e cambiábaos por fotocopias a cor, que ía intercalando co diñeiro auténtico. A acusada coidaba do home dende 2012 e facíase cargo de gardarlle todos os meses os cartos, entre 2.000 e 4.000 euros en efectivo.

O xuízo quedou visto para sentenza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019