CRTVG

Buscar

Piden sete e oito anos de cadea para tres acusados de vender droga no barrio ferrolán de Serantes

Publicado o 25/06/2019 13:33

A Fiscalía da Coruña pide penas de sete e oito anos de cadea para tres acusados de vender substancias estupefacientes nas vivendas sociais do barrio ferrolán de Serantes. O xuízo ía celebrarse esta mañá, pero ante a incomparecencia dun dos procesados a sala decidiu suspendelo.

Segundo o escrito da acusación, os investigados vendían fundamentalmente haxix e cocaína. Un deles era o encargado de subministrar as substancias, supervisar a preparación e venda das doses no seu propio domicilio. A súa muller e outro parente encargábanse da ocultación e custodia da droga.

O Ministerio Público solicitou prisión provisional para o acusado que hoxe non se achegou á vista, para asegurarse así de que comparecerá cando o xuízo teña unha data sinalada.

Noticias web

25/06/2019