CRTVG

Buscar

Piden sete anos de prisión para un acusado de colaborar nun secuestro

Publicado o 02/12/2019 14:07

O 14 de marzo de 2017 unha persoa que camiñaba pola estrada de Vigo, en Ourense, escoitou un home que pedía auxilio por unha ventá, chamou a policía que axiña veu e coa axuda dos bombeiros liberaron o home. Segundo declarou a vítima, estaba na rúa e o propietario do piso ofreceulle onde durmir. Unha vez alí, di, pechouno, bateulle e díxolle que tiña que conseguir 300.000 pesetas se quería saír vivo de alí. O dono da vivenda faleceu. Hoxe xulgan a Benjamín Ruído como presunto colaborador do secuestro, a Fiscalía pide para el sete anos de cárcere por un delito de detención ilegal e lesións. Segundo a vítima, el presentouse tamén na vivenda e dándolle golpes díxolle que tiña que chamar a súa familia para que conseguise os cartos. O acusado negouno e cargou contra a vítima.

A defensa pide para o acusado a libre absolución, alega que a vítima non estaba retida contra a súa vontade porque dentro da vivenda estaba en todo momento a parella do propietario con chaves que non opuña resistencia. A Policía declarou que no momento de liberalo estaba con moito medo e en estado de nerviosismo.

O fiscal pide ademais de sete anos de prisión para o acusado, que indemnice a vítima con 2.900 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019