CRTVG

Buscar

Piden regular o tráfico nas zonas de máis afluencia da Ribeira Sacra

Publicado o 21/08/2019 14:32

Veñen buscando paisaxe e tranquilidade e iso é o que atopan na Ribeira Sacra... Unha paz que se atopa en estradas serpenteantes e lugares de difícil acceso onde cada vez é máis habitual encontrarse con isto... coches aparcados nas beiravías que impiden o paso doutros vehículos ou mesmo dos peóns.

Os puntos máis concorridos os embarcadoiros para coller os catamarán nos que viaxan o ano unhas cen mil persoas e tamén mosteiros como o de Santa Cristina o san Pedro de Rocas.A proclamación como candidata a patromonio da humanidade disparou a chegada de turistas e espertou a alarma entre os hostaleiros.

Xa se traballa nun plan de xestión para regular estas aglomeracións esixido pola UNESCO nos lugares que optan a Patromio da Humanidade.Ademáis algúns concellos, como o de Parada do Sil, xa teñen avanzadas posibles solucións.

Alterantivas para garantir que a Ribeira Sacra sega a conservar o encanto do silencio e o recollemento que a converten nun lugar único.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019