CRTVG

Buscar

Piden que se regularicen 270 vivendas do barrio ferrolán de Recimil

Publicado o 07/10/2020 14:57

Desde a asociación de veciños do barrio de Recimil piden que se regularicen 270 vivendas que están tapiadas, baleiras ou ocupadas de xeito ilegal. Mercedes e outra veciña viron como intentaban forzar a porta dun baixo do seu edificio para meterse dentro.

"Viñeron un sábado pola noite dous rapaces moi altos e intentaron forzala. Pero unha veciña berrou tanto que marcharon correndo", comenta Mercedes. 

"Queremos que se regularicen e que se lle dea a oportunidade ás persoas que necesitan vivenda e que cumpran os requisitos", explica Carlos del Río, voceiro da asociación de veciños.

Porque di que esta situación que está a provocar graves problemas de convivencia.

"Metéronse na miña casa, comigo dentro. Lei un susto de morte", engade Mercedes.
"Día si e día tamén está aquí a Policía Local e tamén a Nacional. Hai dúas ou tres semanas houbo unha agresión e a un policía local enviárono ao hospital. E este tipo de violencia vai a máis", explica Carlos del Río, voceiro da asociación de veciños.

Para evitar que o problema vaia a máis desde a asociación de veciños xa iniciaron unha recollida de sinaturas. Pero teñen pensado tomar máis medidas.

"Estamos recollendo sinaturas, pero pensamos tamén nun referendo", explica Carlos del Río.

A Televisión de Galicia púxose en contacto co concello pero, polo momento, non obtivo resposta.

Noticias web

07/10/2020