CRTVG

Buscar

Piden que se recupere a policía de barrio nas Conchiñas

Publicado o 17/02/2021 15:10

Residentes e comerciantes do barrio das Conchiñas, na Coruña, alertan do aumento de roubos na zona.

Denuncian o incremento de tiróns de bolsos e carteiras pola rúa. Tamén de furtos nos negocios, incluso a plena luz do día.

Para recuperar a tranquilidade e perder o medo, piden que se recupere a figura da policía de barrio.

Noticias web

17/02/2021