CRTVG

Buscar

Piden que remate a concesión do encoro de Belesar polo mal uso da auga

Publicado o 12/09/2021 14:48

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, está indignado co uso que se está a facer da auga do encoro de Belesar. Cre que os recursos hídricos non poden xestionarse só con criterios económicos, e que os criterios ecolóxicos e do ben común deben imperar.

Por iso, malia a beleza do lugar, que atrae tantos turistas, a el dóelle na alma ver así o nivel do encoro. Nos ollos de Juan está o soño de que a concesión non dure cen anos e de poder acordar, antes de morrer, o Portomarín vello recuperado.

Canda Juan, outros alcaldes da zona e tamén moitos veciños protestan, ademais, porque ao estar o nivel das augas baixo durante tanto tempo seguido, a natureza rexenera axiña. Deste xeito, cando volve anegar a auga, fáltalle osíxeno ás plantas, que se descompoñen e xeran outro dano ecolóxico engadido.

Noticias web

12/09/2021