CRTVG

Buscar

Piden que non se abandone a busca do desaparecido nos Peares

Publicado o 28/02/2019 21:01

Ducias de persoas concentráronse esta tarde na Coruña para apoiar a familia do home desaparecido no encoro dos Peares. O acto foi convocado polos pais dos alumnos do colexio Ramón de la Sagra e o Club de Fútbol de Oza, onde estudan e xogan os fillos do desaparecido. Os asistentes reclaman que non se abandone a busca.

Lembramos que Emilio Pintor Mella desapareceu o pasado día 21. O último sinal do seu teléfono móbil sitúao nun treito á beira do Miño entre o encoro de Belesar e un lugar coñecido como o Cabo do Mundo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019