CRTVG

Buscar

Piden que declare como investigado o dono da parcela onde morreu Julen

Publicado o 13/02/2019 15:39

Unha vez incorporado ao procedemento o segundo informe realizado pola Garda Civil, a Fiscalía malagueña considera que xa se poden facer varias hipóteses dos momentos previos á caída de Julen ao pozo en que morreu e é o momento de depurar posibles responsabilidades penais. De aí que soliciten que David Serrano, o dono do terreo en que está o pozo, acuda a declarar ante o xuíz en calidade de investigado por un delito de homicidio imprudente.

O Ministerio Público tamén pediu que acudan a declarar como testemuñas outra ducia de persoas máis, entre elas o empresario que fixo o pozo, os pais de Julen, uns excursionistas e os gardas que acudiron ao lugar do accidente.

Noticias web

13/02/2019