CRTVG

Buscar

Piden prisión permanente para a nai e o padrasto da nena asasinada en Valladolid

Publicado o 26/04/2019 16:43

Comezou na Audiencia Provincial de Valladolid o xuízo pola morte dunha nena de catro anos, vítima de malos tratos e abusos sexuais. Os acusados son a nai e o seu mozo, para os que a Fiscalía pide a prisión permanente revisable.

A morte da pequena Sara produciuse en agosto de 2017 a consecuencia das lesións e abusos sexuais que sufriu a nena, que tiña catro anos.

Os acusados son a nai e o mozo desta, considerado autor material dos feitos.

A fiscalía cre que o acusado cometeu o crime polo odio que sente polos romaneses, algo que desmentiu o seu avogado.

Para os dous acusados pediuse a prisión permanente revisable. O avogado da nai cre que ela non sabía o que pasaba.

O xuízo celébrase con xurado popular e prolongarase ata mediados de maio.

Noticias web

26/04/2019