Piden o traslado dun poste da luz que está no medio do asfalto en Vimianzo
Publicado o 20/05/2021 12:58

En Vimianzo reclaman o traslado dun poste que resulta unha trampa para moitos condutores. Tras a remodelación do campo da festa da Piroga, o pau da luz, que estaba a carón dunha pista, quedou no medio e medio do espazo asfaltado. Así que non son poucos os condutores que, cando manobran, se non están moi atentos, baten co poste.
A feira que se celebraba aquí ata finais do século XX era a máis antiga da comarca e coñecíase tamén como a feira de Baio, por estar nos arredores desta localidade, aínda que o lugar da Piroga pertence ao concello de Vimianzo.