CRTVG

Buscar

Piden nove anos para un home acusado de acoitelar a outro nunha discusión de tráfico na Coruña

Publicado o 12/09/2019 14:41

Este home está acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa. Segundo a acusación, en xuño do ano pasado, atopouse coa vítima, á que non coñecía, e comezaron a discutir por temas de tráfico. Nun momento dado, sacou unha navalla de 4 centímetros de folla e asestoulle unha coitelada, di o fiscal, coa intención de matalo. Porén, a súa versión é ben distinta. Declarou que foi o denunciante quen lle petou a el e máis á súa muller na cara deixándolla morada. Si recoñeceu que sacou unha navalla, pero dixo que foi só para asustar.

"Cando me pasa algo crúzanseme os nervios e ese día...".

"El fixo un movemento brusco e pensei que me ía dar...".

É a versión da vítima, que amais cualificou de milagre estar vivo. Segundo el, a coitelada quedoulle a un centímetro do pulmón e do corazón.

Por estes feitos, a Fiscalía solicita unha pena de nove anos de cadea e ao pagamento dunha indemnización de algo máis de 33.000 euros á vítima. Pola súa banda, a defensa desbota que se trate dun homicidio.

Mario Sánchez Trigo, avogado da defensa: "El ten acreditado un trastorno de personalidade... como moito un delito de lesións".

O xuízo quedou visto para sentenza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019