CRTVG

Buscar

Piden no Congreso que se aprobe o estatuto das electrointensivas coas achegas das comunidades

Publicado o 16/06/2020 20:54

O deputado cántabro José María Mazón presentou esta proposición non de lei o pasado mes de febreiro, pero o debate adiouse debido á crise do coronavirus. 

José María Mazón, Grupo Mixto: "Esta proposición non de lei recolle o sentir das comunidades autonómas de Galicia, Asturias e de Cantabria"

Pídelle ao Goberno que atenda as alegacións presentadas ao proxecto do Estatuto de Consumidores Electrointensivos en que se reclaman medidas para garantir a competitividade deste tipo de empresas. O BNG esixe ademais medidas para salvar os postos de traballo de Alcoa e Alu Ibérica. Néstor Rego:"Unha actuación decidida pasa ao noso xuízo por unha intervención pública das plantas e polo establecemento dunha tarifa eléctrica galega"

A maioría dos grupos mostraron o seu apoio á moción, pero presentaron emendas. As do grupo popular, que criticou a desidia do Goberno en materia enerxética, pedían que se inclúan no proxecto do Estatuto as alegacións da Xunta de Galicia.  ElenaCastillo, GP: "O Goberno burlouse da industria española. O Goberno deixou abandonadas as familias de Galicia, de Asturias, de Cantabria e de moitos outros puntos"

O voceiro do PSOE respondeu que a aprobación dese novo estatuto para a industria electrointensiva é un asunto preferente para o Goberno, pero engade que iso non é suficiente para salvar as empresas do sector.

Guillermo Meijón: "Termino reclamando novamente unidade e lealdade insituticional como mellor fórmula para a reconstrución do noso país e que se poida traducir nese gran pacto pola industria ofrecido por este Goberno, que potencie e fortaleza o noso tecido industrial, máis nada, señorías, beizón"

Noticias web

16/06/2020