CRTVG

Buscar

Piden máis de catorce anos para o home que acoitelou a súa ex-parella e logo a levou a Povisa

Publicado o 09/02/2018 20:56

 

A Fiscalía pide case 15 anos de prisión para o home acusado de clavarlle un coitelo no pescozo á súa ex-parella. Os feitos ocorreron en Vigo hai case tres anos.  Os dous traballaban no hospital Povisa, onde o home a levou tras a agresión, aínda co coitelo cravado. O acoitelamento tivo lugar no portal da vítima. Unha intervención de urxencia salvou a vida da muller que puido denunciar o seu agresor. O home permanece en prisión provisional á espera de xuízo. A Fiscalía pídelle tamén 200.000 euros de indemnización para a vítima polas secuelas da agresión. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018