CRTVG

Buscar

Piden máis axudas para as asociacións que axudan os pais de nenos con autismo en Ourense

Publicado o 28/03/2017 20:09

Reclaman respecto e empatía por parte de toda a sociedade. Din que criar e educar un fillo cun trastorno da comunicación non é doado e menos sen apoio

Nais e pais de nenos con autismo de Ourense piden máis axudas para as asociacións que os axudan. Tamén reclaman respecto e empatía por parte de toda a sociedade. E é que din, criar e educar un fillo cun trastorno da comunicación non é doado e menos sen apoio. 

Héctor cumpre trece anos en maio. Tiña só quince meses cando seus país notaron que algo non ía ben, con tres anos diagnosticáronlle autismo.

"Para min foi un pau moi grande, de feito case collo depresión, sinceramente, para min era algo demasiado grande para min, non tiña nin idea do que era o autismo, empezamos a investigar e ninguén che dá un manual para dicirche tes que levar así o fillo".

Visitaron distintos médicos por toda España e probaron que tratamento, terapia e dieta o beneficiaba máis, conseguiron que mellorara moito. Axúdalle tamén a atención integral que recibe na asociación de familias de persoas con trastorno da comunicación de Ourense.

"Notamos unha evolución moi positiva nos nenos e nas nenas pero non entendemos o motivo por que ningún organismo oficial non dispoñemos de ningunha subvención".

Sen axudas e coa falta de empatía, moitas veces, dos que os rodean non é doado pero Teresa anima outras nais e pais de nenos con autismo que non se rendan. 

"É un traballo moi grande pero merece a pena mirar por eles, esforzarnos e con cariño e paciencia todo se consegue".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2017