CRTVG

Buscar

Piden doce anos para o millonario portugués acusado de intentar matar a súa muller

Publicado o 14/03/2019 18:15

O caso do millonario portugués acusado de intentar matar a súa muller cunha maza nun hotel de Vigo chegou esta mañá á Audiencia Provincial de Pontevedra. O home, en prisión provisional dende o día dos feitos, enfróntase a doce anos de prisión, que a Fiscalía pide para el como suposto autor dun delito de asasinato en grao de tentativa. Os feitos aconteceran no cuarto que ocupaban nun hotel de Vigo en maio de 2016.

Carlos Inácio Pinto chegou á Audiencia de Pontevedra procedente da Lama pouco antes das dez da mañá. Negou que intentase asasinar a súa muller cun mazo, que foi ela quen bateu nel e que el só se defendeu.

Tamén declarou Elisa Gabriela a suposta agredida, fíxoo detrás dun biombo e dixo que foi el quen a golpeou reiteradamente co mazo e tentou esganala. Elisa estaba moi nerviosa e chegou a chorar e saloucar cando narrou a agresión. Tamén dixo que descoñecía que tivesen un seguro de vida polo que de morrer un dos cónxuxes o outro cobraría 150.000 euros e que, segundo a investigación policial, podería ser o móbil do intento de asasinato.

A Fiscalía pide para Carlos Inácio doce anos de cadea e dez de afastamento da vítima. O acusado respondeu ao fiscal e ao seu avogado, pero non quixo responder as preguntas da avogada da acusación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019