Piden dez anos de cadea por abusar sexualmente da súa sobriña de 13 anos
Publicado o 22/04/2021 14:45

Hoxe xulgaron un home acusado de abusar sexualmente da súa sobriña de 13 anos en Ourense. A Fiscalía reclama unha pena de 10 anos, ademais da prohibición de comunicarse coa vítima. A denuncia presentárona os pais da menor.
Os feitos aconteceron en Noiteboa. O acusado, segundo a Fiscalía, foi ao cuarto da rapaza, tombouse ao seu carón e comezou a tocala e a espila. A acusación pública asegura que houbo penetración vaxinal. A sobriña non opuxo resistencia por medo ás represalias do seu tío.