CRTVG

Buscar

Piden colaboración cidadá para localizar os autores da profanación de sete sepulturas no camposanto da Valenzá

Publicado o 27/01/2020 15:16

A Policía Local de Barbadás pide a colaboración cidadá para localizar os autores da profanación de sete sepulturas do cemiterio de San Bernabeu da Valenzá.

Os veciños viron un grupo de mozos da localidade saír correndo, pero ninguén puido identificalos. Unha desagradable sorpresa levaron os veciños cando descubriron a desfeita que os vándalos provocaran no cemiterio. Esnaquizaron sete tumbas en dous días.

Os estragos son moi cuantiosos, o párroco calcula que uns 7.000 euros, pero o peor, din, é o dano emocional para as persoas que teñen alí soterrados os seus defuntos. Protección Civil vixía cada noite o camposanto para que non se repitan estes actos vandálicos.















 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020