CRTVG

Buscar

Piden cinco anos de prisión para un vigués por abusos sexuais e exhibicionismo ante a súa filla e unha amiga

Publicado o 06/09/2019 17:46
Piden cinco anos de prisión para un vigués por abusos sexuais e exhibicionismo ante a súa filla e unha amiga

O Ministerio Fiscal solicita penas que suman 5 anos de prisión para un veciño de Vigo, ao que acusa dos delitos de abuso sexual e exhibicionismo ante a súa filla menor e unha amiga desta, e que será xulgado este 13 de setembro, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos sucederon na tarde do 29 de xuño de 2018, cando o procesado atopábase no patio da súa vivenda, xunto coa súa filla de 9 anos de idade e unha amiga da menor, da mesma idade, que estaban xogando. A Fiscalía sostén que o home comezou a tocarse repetidamente as súas partes íntimas baixo o pantalón, e que chegou a sacarse o membro en varias ocasións, exhibíndoo, á vez que movía a man arriba e abaixo.

Nun momento determinado, o acusado chegou a tocar as nádegas da amiga da súa filla "con ánimo libidinoso". Por estes feitos, acusa o home dun delito de exhibicionismo e doutro de abuso sexual. Polo primeiro deles, pide que sexa condenado a 1 ano de prisión, e polo segundo, a outros 4 anos de cárcere; así mesmo, reclama que indemnice ás menores en 3.000 euros cada unha, por dano mora

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019