CRTVG

Buscar

Piden sete anos de cadea para os pais de Ourense acusados do homicidio imprudente do seu bebé

Publicado o 25/06/2020 14:24

Os pais dun bebé de Ourense falecido en marzo do ano pasado enfróntanse a unha acusación de homicidio imprudente. A fiscalía pide para eles 7 anos de cárcere.

O xuíz entende que puido haber unha conduta neglixente, ao deixar o pequeno, de dous meses, durmindo á beira dun calefactor eléctrico sen supervisión. Tamén están sendo investigados por lesións ao xemelgo do bebé falecido, tiña catro costelas rotas.

Os pais dos xemelgos prestaron declaración no xulgado. Aseguraron que os dous bebés sufriron unha síncope en días distintos e que as lesións llas causaron a un deles por intentar reanimalo.

Ao outro xa non conseguiron espertalo, dixéronlle ao xuíz. O bebé que sobreviviu está cunha familia de acollida. Os proxenitores sentarán no banco dos acusados nos vindeiros meses.



 

Noticias web

25/06/2020