CRTVG

Buscar

Piden a retirada dun poste da luz colocado diante dun peto de ánimas do ano 1800

Publicado o 18/08/2020 14:37

Os veciños de Melias levan décadas vendo este poste no centro da súa aldea. Está colocado xusto de diante dun peto de ánimas que data do ano 1800.

Tempo houbo, case tanto como queixas dos veciños. Pero o caso é que malia as súas denuncias e as promesas da súa retirada o poste aí segue corenta anos despois.

Da retirada nada se sabe polo de agora, pero si que neste tempo mesmo houbo que reforzar a estrutura do poste para que non caese.

Os veciños din que se senten abandonados polas institucións. Aseguran que ninguén escoita as súas queixas, e que nesta aldea hai moito patrimonio para protexer, sen ir máis lonxe, a súa monumental igrexa barroca.

As últimas noticias que tiveron foi que dende a empresa eléctrica propuxeron soterrar os cables ou desprazar o poste, sempre e cando o Concello correse cunha parte dos gastos. Así que os veciños seguen á espera de ver como rematan esas negociacións, sen perder de vista o moito que ten que ofrecer o seu patrimonio.

Noticias web

18/08/2020