CRTVG

Buscar

Piden a retirada da campaña galega do Día Internacional contra a Violencia Machista

Publicado o 14/11/2017 09:30

A Xunta explicou os detalles da nova campaña institucional para o Día Internacional Contra a Violencia Machista, que se celebra o vindeiro día 25. Nesta edición, o lema é "O máis grande de Galicia non se maltrata".

A empresa encargada asegurou que é unha continuación da realizada para conmemorar o 8 de marzo, cando quixeron recoñecer o labor de todas as mulleres. Pero a campaña xerou polémica. En Marea, o PSdeG e o BNG piden a súa retirada porque consideran que 'materializa' a muller e ofrece un tratamento paternalista cara a ela. A Deputación de Lugo e o Concello esgrimiron os mesmos argumentos para pedir a retirada da campaña.

Desde a Xunta defenden a campaña. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, pide respecto. Di que a súa mensaxe é directa e que pon en valor a muller galega. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017