Piden a intervención do Concello de Ribeira ante a agresividade duns ocupantes ilegais
Publicado o 30/09/2021 14:16
Veciños de Ribeira coinciden en sinalar que a actitude das persoas que ocupan un edificio lles está a ocasionar molestias polas leas entre eles, pero tamén polo trato a viandantes. O vendedor da once relata o intento de agresión que sufriu este luns cando volvía para a súa casa coa compra do súper.
Segundo os veciños sucede isto despois de meses con problemas acotío.
Os veciños teñen falado co Concello e piden que interveña sen máis demora para desaloxar o inmoble, propiedade dun banco.
Nas dúas entradas do inmoble ocupado hai agora dúas inscricións en xiz advertindo de que está prohibida a entrada sen orde xudicial.