CRTVG

Buscar

Piden a colaboración cidadá para dar co home desparecido na Estrada

Publicado o 19/08/2019 18:38

Os veciños de San Xurxo de Vea, no concello da Estrada están consternados pola desaparición de José Ángel, un home de 44 anos que falta do seu domicilio dende o sábado ás catro da tarde. A familia esperábao para cenar pero non apareceu de ahí que comezasen a buscalo polos arredeores. Os veciños din que os días previos andaba un pouco desorientado.

Ao non aparecer o domingo pola mañá a familia notificou a desaparición á Garda Civil, que inmediatamente organizou un operativo de busca no que tamén participan a policía local e protección civil da Estrada .

A última vez que o viron foi nos arredores da gasolineira de Ponteulla, de ahí que a busca se centrase nas últimas horas nas marxes do río Ulla entre Arnois e a Estrada pero así e todo non se descarta ningunha ubicación.

De feito a familia incluso estivo preguntando no Santuario do Corpiño a máis de 30 quilómetros de distancia do seu domicilio.

Esta tarde está previso que se sume ao opertivo de busca un helicóptero da garda civil. Dende os servizos de emerxencia piden colaboración cidadá para intentar dar co paradoiro de José Ángel. No momento da desaparición vestía unha sudadeira gris, pantalóns vaqueiros e unhas zapatillas deportivas. Se teñen alguha información deben poñerse en contacto co 112.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019