Piden a colaboración cidadá para dar co autor da explosión de Lyon
Publicado o 25/05/2019 13:46
A policía francesa fixo un chamamento ás testemuñas para facilitar a captura do responsable da explosión que causou onte á tarde trece feridos no centro de Lyon. Os axentes difundiron a imaxe do home, recollida polas cámaras de vixilancia da rúa cando chegou en bicicleta e deixou o artefacto.
A ministra de Xustiza indicou que de momento é pronto para dicir se foi un acto terrorista. Os feridos, entre os que hai unha nena de dez anos, están fóra de perigo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí