CRTVG

Buscar

Piden a colaboración cidadá para atopar un veciño de Vigo de 34 anos

Publicado o 24/12/2020 18:52
Piden a colaboración cidadá para atopar un veciño de Vigo de 34 anos

A asociación SOS Desaparecidos, pide a colaboración cidadá para atopar a José David Caeiro Vázquez. É veciño de Vigo, ten 34 anos e falta da súa casa dende o pasado domingo. Mide 1´73, ten o pelo e os ollos castaños e é de complexión delgada.

Para facilitar calquera información que poida axudar a localizalo poden poñerse en contacto coa asociación ou coas forzas de seguridade

Noticias web

24/12/2020