Piden 9 anos de cadea para un home acusado de atropelar intencionadamente un motorista en Ourense
Publicado o 03/03/2020 12:07
A Fiscalía solicita 9 anos de prisión para un home acusado de atropelar intencionadamente un motorista en Ourense. No escrito de cualificacións, o fiscal considera que o acusado, de 61 anos, tiña a intención de matar a vítima. Afirma que arremeteu contra el ata en tres ocasións coa súa furgoneta pasándolle por riba coas rodas. Despois fuxiu. O motorista quedou ferido de gravidade.
O motivo do suceso foi unha discusión previa de tráfico. Os feitos aconteceron en novembro de 2017 e dende aquela o detido permanece en prisión provisional. O xuízo celebrarase nos próximos meses na Audiencia Provincial.
Máis sobre Ourense
20/01/2021 16:37
19/01/2021 16:44
19/01/2021 14:50