CRTVG

Buscar

Piden 8 anos para un home por abusar dunha nena de 13 anos nun restaurante

Publicado o 25/04/2019 17:02

Esta mañá celebrábase en Pontevedra o xuízo contra un home de avanzada idade acusado de abusar sexualmente dunha menor en dúas ocasións. Os feitos, presuntamente, aconteceron nunha zona infantil situada no exterior dun restaurante.

O xuízo celebrouse na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. A fiscalía pide para Manuel Sousa, de 81 anos de idade, oito anos de cárcere e 3.500 euros de idemnización por dous delitos de abusos sexuais.

Os feitos aconteceron o 27 e o 29 de agosto do 2017, cando, presuntamente, o acusado levou a cabo tocamentos a unha menor de 13 anos nunha zona infantil no exterior dun restaurante. Alí, acúsano de frotar coa man da rapaza os seus xenitais e de intentar bicala.

A xuíza rexeitou a realización de calquera exame psicolóxico ao acusado proposto pola defensa, polo que considerou que non hai motivo eximinte da pena. No momento de prestar declaración, o acusado dixo que vira a menor un día con patíns e lle chamara a atención, pero negou todos os feitos dos que se lle acusan.

A suposta vítima, a súa irmá tamén menor e mais a súa nai testificaron mediante videoconferencia.


 

Noticias web

25/04/2019