CRTVG

Buscar

Piden 67 anos e medio de prisión para o salesiano de Vigo acusado de abusos sexuais

Publicado o 06/07/2021 14:18
Piden 67 anos e medio de prisión para o salesiano de Vigo acusado de abusos sexuais

A Audiencia de Pontevedra xulga dende este martes un sacerdote do Colexio Salesianos de Vigo acusado de abusar sexualmente de seis menores durante un campamento xuvenil. Os feitos sucederon hai agora dous anos, durante unha pregrinación de alumnos polo Camiño de Santiago. Piden para el unha condena de 67 anos e medio de cárcere, que non poida achegarse ás vítimas a menos de 250 metros e que quede inhabilitado para exercer a ensinanza, ademais de indemnizar as vítimas con máis de 80.000 euros. 

Noticias web

06/07/2021