CRTVG

Buscar

Piden 53 anos para un pontevedrés acusado de agredir sexualmente os seus sobriños

Publicado o 21/01/2021 14:01

Malia os intentos de acordo por parte da avogada da defensa, o xuízo contra este home finalmente celebrouse esta mañá na sección dúas da audiencia de Pontevedra, aínda que a meirande parte da sesión foi a porta pechada. A letrada do acusado tamén tentou engadir unha atenuante de discapacidade, pero o xuíz entendeu que xa figuraba nos informes forenses.

O home, que non quixo declarar nin responder as preguntas da súa avogada, está acusado de agredir sexualmente os seus tres sobriños menores de idade, dúas nenas e un neno, que tiñan previsto declarar por videoconferencia.

As cativas están a tratamento psiquiátrico e farmacolóxico con estrés postraumático, ansiedade, pesadelos e problemas de relación.

O acusado, que está ingresado no cárcere, participaba ademais en actividades con menores. As agresións producíanse supostamente cando os tres cativos de 7, 6 e 9 anos visitaban os avós na vivenda en que tamén residía o acusado. Algúns dos abusos cometéronse case a diario durante dez anos. A fiscalía pide 53 anos de cárcere para o suposto abusador.

Noticias web

21/01/2021