CRTVG

Buscar

Piden 24 anos de cárcere para o veciño de Ponteareas que intentou matar a exmuller e o fillo

Publicado o 30/06/2021 15:05
Piden 24 anos de cárcere para o veciño de Ponteareas que intentou matar a exmuller e o fillo

24 anos de cárcere. É o que pide a Fiscalía para o veciño de Ponteareas que tentou asasinar a súa exmuller e o fillo de ambos.

A Fiscalía tamén solicita unha indemnización de 50.000 euros para a muller e de 15.000 euros para o fillo. Os feitos ocorreron o pasado 9 de xaneiro de 2020.

Tras as declaracións, os xuíces consideran que "está altamente acreditado" que o home é autor dun delito de asasinato en grao de tentativa contra ambos familiares, agravado por incumprir a orde de afastamento que tiña sobre a súa exmuller.



 

Noticias web

30/06/2021